Sáb. Sep 27th, 2025

El conselleiro de Cultura, Lengua y Juventud asiste al estreno del espectáculo del Centro

Estreno de A serie clopen en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025

O Salón Teatro de Santiago de Compostela encheuse esta tarde para a estrea de A serie clopen, a nova produción do Centro Dramático Galego, que contou coa asistencia do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. O espectáculo, co que a compañía teatral da Xunta de Galicia inaugura a súa temporada 2025-2026, permanecerá en cartel ata o 26 de outubro con funcións de mércores a domingo, ás 18,00 h.

Directores e traxectoria

Os directores da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, acompañaron o titular de Cultura do Goberno galego nesta primeira función da proposta que dirixe Pablo Reboleiro, autor tamén da dramaturxia xunto con Clara Gayo.

Unha proposta innovadora

Con esta obra, o circo protagoniza por vez primeira unha produción propia da compañía pública galega. A narrativa conxuga matemáticas e historia para abordar os paradoxos do mundo actual e reflexionar sobre os retos aos que se enfronta a mocidade. A montaxe, apta para todas as idades, diríxese especialmente ao público adolescente cunha posta en escena áxe e moi visual, que mestura clown, acrobacias, malabares aéreos, danza e música a través das interpretacions de Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hess, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo.

Accessibilidade e mobilidade

Durante a súa estadía no Salón Teatro, A serie clopen será vista tamén por público chegado doutros 45 concellos galegos como parte da campaña de mobilidade ¿Sobes ao autobús do teatro?, que o Centro Dramático Galego pon en marcha para cada unha das súas producións. Dispoñen tamén das habituais medidas de accesibilidade, ademais das funcións descontraídas dos mércores.

Adquirindo entradas

As entradas poden adquirirse na web ataquilla.com, así como no despacho de billetes do Salón Teatro os días de función desde as 16,00 h.

FUENTE

Por Redaccion

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *