Sáb. Feb 7th, 2026

Fabiola García impulsa la visibilidad de las mujeres profesionales para lograr una Galicia más

Premios Empresarias Galicia 2026

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026

Destacan el papel de las mujeres en el ámbito empresarial

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacó hoxe o importante labor de Empresarias Galicia na promoción da igualdade e na visibilidade do protagonismo feminino no mundo empresarial. Fíxoo na gala anual de entrega de premios desta entidade, na que se recoñeceu a traxectoria de distintas líderes como:

  • Mercedes Toscano, CEO de Minimelis (Premio Emprendemento)
  • Lucía Freitas, chef de A Tafona e fundadora de Amas da Terra (Premio Impacto Social)
  • Olalla Cuiña, presidenta de Inasus e Metaldeza (Premio Traxectoria Profesional)
  • Virginia Pozo, CEO de Coosy (Premio Empresaria do Ano)
  • Luz Pardo, CEO de Cafés Lúa e de Gestán (Premio Mención de Honra)

Contribuciones hacia la igualdad de género

Fabiola García felicitou ás premiadas e agradeceulles o seu traballo, co que contribúen a que a economía galega siga a crecer e a avanzar da man da igualdade de xénero, convertendo hoxe Galicia nunha das comunidades con máis mulleres en postos de dirección. Ademais, instou a seguir traballando para eliminar as desigualdades e a manter o apoio a moitas mulleres que fan grandes esforzos para alcanzar o mesmo éxito que os seus compañeiros.

Estrategias para la inclusión laboral femenina

Neste sentido, a conselleira sinalou que a Xunta traballa en diferentes programas para a incorporación das mulleres en sectores tradicionalmente reservados aos homes. Con este obxectivo, estase a ultimar a Estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados.

Iniciativas del Gobierno gallego

Fabiola García tamén se referiu a outras iniciativas que ten en marcha o Goberno galego para garantir que as mulleres teñan máis presenza no mundo corporativo, tales como:

  • Axudas para apoiar iniciativas emprendedoras
  • Reforzo do asociacionismo feminino
  • Fomento da investigación en perspectiva de xénero

FUENTE

Constanza Sanchez

Por Constanza Sanchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *