Dom. Feb 8th, 2026

Villaverde resalta a IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro en la valorización de la cultura

IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro

Villaverde destaca a IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro na posta en valor da cultura do mar

A conselleira do Mar asistiu ao encontro deportivo e participou na entrega de premios.

Viveiro (Lugo), 7 de febreiro do 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na IV Bandeira de Bateis Concello de Viveiro, organizada polo Club de Remo de Celeiro, na que participaron os mellores equipos de Galicia, así como numerosas embarcacións procedentes de distintos puntos da xeografía galega.

Villaverde aproveitou a ocasión para pór en valor o papel desta disciplina, pois “trátase dun deporte cunha vinculación directa coa tradición mariñeira galega e, por tanto, que vai na liña das accións e dos obxectivos que perseguimos desde a Consellería”. En consecuencia, engadiu, “apoiar este tipo de eventos e categorías é fundamental para garantir o relevo xeracional e para manter viva a cultura do mar e dinamizar as vilas costeiras”.

Logo da entrega de premios, a responsable autonómica felicitou aos participantes e aos organizadores da iniciativa, que tamén supón, dixo, “un profundo respecto polo medio mariño”. A cuarta edición desta cita deportiva contou cunha ampla participación, consolidándose como un referente na comarca da Mariña.

Data de actualización: 07/02/2026

FUENTE

Constanza Sanchez

Por Constanza Sanchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *