Sáb. Abr 11th, 2026

María José Gómez reitera el envío a la Comisión Gallega de Competencia de cualquier indicio de

Inauguración de la XLII Mostra Exposición de Muimenta

Cospeito (Lugo), 10 de abril de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou hoxe na inauguración da XLII Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), onde reafirmou o seu compromiso cos produtores lácteos galegos ante a baixada do prezo en orixe por parte das industrias, unha baixada que cualificou de “inxustificada”. Neste senso, asegurou que desde a Consellería estanse revisando todos os contratos para certificar que non hai incumprimentos e así protexer os produtores. Explicou que calquera indicio de irregularidade que se detecte, tanto nos contratos como na entrada de leite doutros países, remitirase á Comisión Galega da Competencia e, no seu caso, ás autoridades nacionais deste mesmo ámbito, se é necesario.

De feito, cómpre lembrar que xa se abriron unha vintena de expedientes e seguirase traballando nesta liña, co fin último de garantir un equilibrio na cadea de valor do leite e o cumprimento estrito da normativa. A maiores, lembrou que se sigue esixindo ao Goberno central a súa implicación neste asunto e que actúe “con contundencia”, asegurando que se cumpra a Lei da cadea alimentaria e se mellore esta norma. “Está en xogo o futuro do noso rural”, salientou.

Concretamente, entre as melloras que se solicitan, destaca a necesidade de modificación da Lei para que estableza un sistema de cálculo dos custos de produción e mellore a súa eficacia coa publicación dun índice trimestral. A súa vez, se considera necesario actualizar o Paquete Lácteo para garantir que os produtores cubran os seus custos de produción no caso de acumular máis de 3 meses consecutivos de perdas, e que poidan rexeitar ofertas por razóns de prezo. Demándase tamén establecer a prórroga automática dos contratos en ausencia de acordo. Ademais, a conselleira insistiu en que se segue reclamando unha reunión co ministro de Agricultura para abordar esta cuestión, unha reunión solicitada hai xa case un mes.

Sobre a Moexmu

A conselleira destacou no comezo desta nova edición da Moexmu o papel que desempeña como dinamizador económico e social para a comarca da Terra Chá. Asegurou que a súa celebración contribúe a xerar oportunidades, dinamiza negocios e dá vida ao territorio e, en definitiva, apoia á fixación de poboación.

Por iso, recalcou que desde o Goberno galego manterase o apoio a este tipo de eventos nos que se pode comprobar o nivel de profesionalización do sector e tamén a calidade da cabana gandeira da nosa comunidade. Ademais, a conselleira enxalzou novamente o traballo que desenvolven os gandeiros galegos a prol do desenvolvemento e modernización do noso sector primario, e que desde o Goberno galego se apoia, por exemplo, con axudas para favorecer a remuda xeracional. Neste sentido, pediu tamén corresponsabilidade ás industrias neste asunto, dado que con esta renovación dos contratos están poñen en perigo, precisamente, esta remuda.

FUENTE

Constanza Sanchez

Por Constanza Sanchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *