A Xunta promociona as bondades dos produtos do mar no partido entre o Frigoríficos do Morrazo e o Rebi Balonmán Cuenca
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu ao encontro da Liga Asobal, que tivo lugar en Cangas de Morrazo (Pontevedra) o 25 de abril de 2026.
Este evento deportivo de primeiro nivel contou co patrocinio do departamento autonómico no marco da campaña institucional GALICIA SABE A MAR, que ten como obxectivo poñer en valor os produtos do noso mar.
Durante a súa intervención, Villaverde subliñou a importancia da colaboración entre a administración pública e o ámbito deportivo, destacando que «os produtos do mar e o deporte teñen moito en común, como promover hábitos de vida saudables».
A conselleira resaltou que equipos como o de Cangas «non só representan á súa afección no terreo de xogo, senón que tamén exercen como embaixadores da cultura e das tradicións mariñeiras de Galicia, fortalecendo o vínculo entre o deporte e o territorio».
Ademais, Villaverde concluíu que «a través destas accións conseguimos familiarizar á cidadanía cos produtos pesqueiros de alta calidade, ao tempo que damos a coñecher o traballo do sector marítimo-pesqueiro».
Data de actualización: 25/04/2026
