Fabiola García inicia unha viaxe institucional por América Latina para reunirse coa colectividade galega e con expertos do sector sénior
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, compartirá cos galegos no exterior as políticas públicas da Xunta para fomentar o envellecemento activo e facilitar a conciliación familiar.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026
A conselleira Fabiola García iniciará mañá unha viaxe institucional de cinco días por Arxentina e o Uruguai para reunirse coa colectividade galega. Durante esta viaxe, está previsto que manteña varios encontros con expertos destacados do sector sénior na América Latina, co obxectivo de reforzar as sinerxías.
Fabiola García trasladará ós galegos emigrados as políticas públicas impulsadas en Galicia para fomentar o envellecemento activo e saudable, entre as que destacan medidas pioneiras como o Carné +65. Ademais, exporá diferentes iniciativas da Xunta orientadas ás familias, como a gratuidade da educación infantil e a Tarxeta Benvida, que colocan á comunidade como un referente na conciliación.
Durante a súa estancia, a conselleira visitará diferentes centros residenciais para explicar as particularidades do modelo de coidados de Galicia. Tamén mantendrá unha rolda de contactos con expertos no sector sénior e na silver economy, co fin de fomentar o intercambio de diálogo e impulsar novas accións destinadas ao benestar dos maiores.
Data de actualización: 27/04/2026
