Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantuvo esta tarde unha reunión de traballo co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.
Na xuntanza, que tivo lugar en San Caetano e á que asistiu tamén o director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Lugo, Marco Antonio Fernández, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas de mobilidade sostible.
A Xunta continúa prestando apoio aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.

