Mar. May 5th, 2026

La conselleira María M. Allegue se reúne en Carballeda de Avia con vecinos afectados por los

Ayudas para afectados por los incendios en Carballeda de Avia

Carballeda de Avia (Ourense), 10 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, reuniuse hoxe con veciños afectados polos lumes no concello ourensán de Carballeda de Avia. Xunto á directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, visitou o núcleo de Vilariño, e deu conta á veciñanza das liñas das axudas activadas pola Xunta en materia de vivenda.

Compromiso do Goberno Galego

Allegue insistiu no compromiso do Goberno galego para axilizar “coa máxima celeridade” a tramitación destas achegas, a fin de que as persoas afectadas poidan comezar canto antes a recuperación dos fogares. A conselleira lembrou que as axudas da Xunta poden acadar case 150.000 € no caso de vivendas habituais. Isto inclúe 132.000 € para a rehabilitación do inmoble, aos que se poden engadir 16.200 € polo enxoval doméstico. En caso de segunda residencia, as axudas son de ata 66.000 € e 5.400 € para o enxoval.

Suporte e axuda económica

Ademais, o Goberno galego tamén asumirá o 100 % do alugueiro temporal, se é preciso, e achegará ata 600 € máis para sufragar gastos de aloxamento provisional, transporte ou mudanza. Os afectados poderán percibir a contía total da axuda de xeito anticipado, o que lles permitirá axilizar obras de rehabilitación das vivendas.

Asistencia a damnificados

Todas as persoas damnificadas teñen á súa disposición o número de teléfono 012 e o persoal do IGVS, e tamén nas 16 oficinas despregadas nas zonas afectadas poden resolver todas as súas dúbidas.

FUENTE

Constanza Sanchez

Por Constanza Sanchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *