Mar. May 5th, 2026

La Xunta y el Ayuntamiento de Cartelle evalúan colaboraciones para ampliar la red de saneamiento

Colaboración para el Saneamiento en Cartelle

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángelas Vázquez, e o alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, avaliaron hoxe vías de colaboración para ampliar o sistema de saneamento municipal e que chegue ao lugar de Doniz, o único núcleo de poboación do municipio que non está conectado á rede.

Compromiso con Doniz

A responsable autonómica explicou que o persoal de Augas de Galicia avaliará o proxecto técnico detallado que vai presentar o Executivo local co compromiso de colaborar no financiamento desta actuación. De feito, os técnicos do organismo autonómico estudarán a mellor fórmula para executar os traballos necesarios.

Apoio económico para solucións

Ángelas Vázquez indicou que entre as posibilidades de solución a esta cuestión están as achegas que convoca anualmente o organismo de conca autonómico para a instalación de sistemas de depuración autónomos, con axudas de ata 20.000 euros para dar servizo a núcleos de poboación de entre 8 e 15 vivendas.

Plazo para auditorías

Na mesma liña, a conselleira, que estivo acompañada pola directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, e polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, lembroulle ao alcalde que está aberto o prazo -ata comezos de setembro- para que as entidades locais soliciten axudas coas que realizar auditorías das redes de saneamento municipais. A avaliación do seu estado, lembrou, permite ás entidades locais detectar posibles deficiencias e identificar as necesidades para corrixilas.

Apoio técnico e financeiro

Neste sentido, aínda que a prestación dos servizos de saneamento, abastecemento e depuración é unha responsabilidade de competencia municipal, a Xunta leva anos prestando apoio técnico e financeiro aos concellos, como o de Cartelle, que o necesiten.

Orzamento en aumento para 2026

De feito, o orzamento de Augas de Galicia para 2026 subiu un 5,5%, ata os 151,7 millóns de euros, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora e creación de infraestruturas, a formación e divulgación de técnicos e cidadanía e a execución de políticas de prevención ante os riscos climáticos, co fin de que aumenten a resiliencia hídrica da comunidade.

FUENTE

Constanza Sanchez

Por Constanza Sanchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *