Lun. May 11th, 2026

María José Gómez sigue en contacto con agentes del sector lácteo y pide asegurar la

Reunión sobre la situación del sector lácteo

Lugo, 23 de marzo de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reunióse con representantes da asociación gandeira Agromuralla. Esta xuntanza forma parte da rolda de contactos que está a manter a titular deste departamento para avaliar a situación do sector lácteo, tendo en conta o actual escenario de renovación de contratos do leite e o aumento dos custes de produción derivados do conflito en Oriente Medio. Así, a conselleira incidiu na importancia de manter a sustentabilidade dos produtores nun contexto destas características.

Responsabilidades da industria láctea

Neste sentido, Gómez volveu apelar á responsabilidade da industria láctea e insistiu en que as reducións nos prezos ofrecidos aos gandeiros non están xustificadas. Lembrou que por parte do Goberno galego estáse a actuar xa nesta materia, coa vixilancia sobre os contratos que se asinarán proximamente para verificar que cumpren o disposto na normativa vixente.

Controis sobre a trazabilidade do leite

Do mesmo xeito, están a deseñarse novos controis para verificar a trazabilidade do leite e detectar así posibles incumprimentos na súa etiquetaxe. Este reforzo da vixilancia é froito das denuncias realizadas polo sector no referente a unha posible entrada de excedentes de leite doutros países da UE e baixo prezo.

Demandas ao Goberno central

Neste contexto, a Consellería do Medio Rural reclama ao Goberno central a inspección exhaustiva dos contratos do leite, a través da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), co fin de garantir o cumprimento da Lei da cadea alimentaria. Tamén se solicita a intervención da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) para avaliar unha posible competencia desleal. Cabe sinalar que xa foi solicitada unha reunión urxente co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para abordar estas cuestións, así como outros de interese para o sector primario galego.

FUENTE

Constanza Sanchez

Por Constanza Sanchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *