Dom. May 10th, 2026

Diego Calvo asiste a la entrega de premios de la novena edición del Eco Rallye de A Coruña

Eco Rallye A Coruña 2025

A Coruña, 21 de setembro de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na praza de María Pita da Coruña na entrega de premios da novena edición do Eco Rallye A Coruña, organizado pola escudaría Coruña. A competición reuniu máis de medio cento de pilotos dunha decena de nacionalidades que percorreron máis de 570 quilómetros atravesando case 40 concellos da provincia coruñesa.

A proba puntúa para o Campionato Bridgestone FIA Eco Rally Cup e para o Campionato de España de Enerxías Alternativas e, ademais, nesta Semana Europea de Mobilidade, promove unha conducción eficiente e sostible con vehículos deseñados para aforrar enerxía e reducir as emisións.

FUENTE

Constanza Sanchez

Por Constanza Sanchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *