Lun. May 11th, 2026

La Xunta invertirá más de 50 millones en el desarrollo de Mallou, prevé 600 millones en un nuevo

Nuevo barrio en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026

A Xunta investirá máis de 50.000.000 € no desenvolvemento do ámbito de Mallou, en Santiago de Compostela. Ademais, prevé un investimento inducido de 600.000.000 € para a creación dun novo barrio para 8.000 persoas. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, presentou hoxe o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para a cidade, que é o sétimo que tramita a Xunta e que acada a aprobación inicial.

Allegue puxo en valor a aposta da Xunta pola vivenda en Santiago, cidade na que neste 2026 se entregarán as primeiras vivendas da lexislatura en Lamas de Abade e O Castiñeiriño. Este anuncio consolídase co proxecto aprobado inicialmente no PIA en Mallou, onde se desenvolverá solo para a construción de 3.609 vivendas, do cal o 80% delas estarán protexidas. «Un futuro próximo barrio para esta cidade», sinalou Allegue, «un proxecto para facilitar o crecemento desta cidade polo norte, ao carón da zona urbana xa existente».

A conselleira destacou o deseño do proxecto, que distribúe a superficie do ámbito en cinco grandes mazás, separadas por unha rede viaria estruturante, xerando un eixo norte-sur e amplas zonas verdes de carácter natural en torno ao cauce do río Mallou, afluente do Sar. Dentro de cada unha delas, ordénanse cuarteiróns menores que albergarán vivendas, equipamentos públicos e zonas verdes.

As 3.609 vivendas, que darán continuidade á actual trama urbana, distribuiranse en bloques de varias alturas, que irán desde 3 até 9 pisos, incluíndo un edificio de 13 alturas.

En canto ás zonas verdes, ocuparán máis de 130.000 m², con máis de 3.500 árbores e itinerarios para fomentar a mobilidade sostible. Tamén, 45.290 m² destínanse a espazos para equipamentos, que se situarán maiormente na periferia do sector, facilitando o acceso á poboación do contorno.

Allegue incidiu en que o ámbito contará cunha praza central na contorna da fonte-lavadeiro de Mallou, que incorporará o camiño antigo do río, buscando a mellor integración dos elementos existentes que forman parte da memoria da veciñanza do lugar.

Mobilidade sostible

O proxecto busca unha mobilidade urbana sostible, definindo vías estruturantes para tráfico fluído e viarios de proximidade que inclúan espazos ajardinados e amplas beirarrúas pensadas para a convivencia. Incorporarán un carril bici e espazos para o transporte público.

Prevese que o número de prazas de aparcamento sexa algo máis de 3.500, das cales preto de 900 serán públicas.

Ademais, a urbanización permitirá dotar ao ámbito de todos os servizos necesarios: saneamento, abastecemento, pluviais, redes de iluminación, de gas e de telecomunicacións, todo integrado no sistema viario definido.

Prazos

Tras a aprobación inicial do PIA o pasado luns no Consello da Xunta e da publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia, ábrese un prazo de 15 días para a presentación de alegacións.

O siguiente paso será a análise dos informes sectoriais que xa se están a solicitar. A previsión é que o PIA conte coa aprobación definitiva este ano, para licitar a obra de urbanización no vindeiro ano 2027. Tamén se espera que no 2028 se poidan simultanear as obras de urbanización e de edificación.

Vivenda en Santiago

Ademais de desenvolver este solo residencial, a Xunta ten en marcha en Santiago 60 vivendas públicas en Lamas de Abade e O Castiñeiriño, así como 60 aloxamentos compartidos en Xoán XXIII. Tamén se desenvolverán máis vivendas públicas en Salgueiriños e en Volta de Castro, grazas á modificación normativa que se fixo para construír en solos dotacionais en desuso, coa futura construción de 244 e 36 novas vivendas públicas, respectivamente.

FUENTE

Constanza Sanchez

Por Constanza Sanchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *