Mié. May 13th, 2026

Román Rodríguez destaca la rehabilitación del colegio Pérez Viondi como un claro compromiso de

Rehabilitación Integral do Colexio Pérez Viondi

A Estrada (Pontevedra), 24 de abril de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, sinalou hoxe a rehabilitación integral do Colexio Pérez Viondi como unha clara mostra do compromiso da Xunta coa comunidade escolar da Estrada. Fíxoo na inauguración destas obras, nas que o Goberno galego investiu máis de 1.000.000 €, e que redundan nun aforro enerxético medio de máis do 72 %.

Román Rodríguez destacou que, no marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica, a Xunta está a investir máis de 7.000.000 € na ampliación, reforma e modernización dos colexios e institutos da Estrada. Entre as actuacións de maior envergadura salientou a ampliación do Instituto Plurilingüe Antón Losada Diéguez (3.000.000 €), a propia rehabilitación integral do Pérez Viondi ou a do CEIP de Figueiroa (840.000 €).

O conselleiro salientou tamén a repercusión que esta obra está a ter xa na mellora da vida diaria da comunidade escolar do Pérez Viondi. A este respecto, explicou que a intervención se centrou, principalmente, en acadar un maior confort térmico e incrementar a eficiencia enerxética do colexio. “Este tipo de intervencións, que son prioritarias no Plan de nova arquitectura pedagóxica, teñen unha clara incidencia no benestar diario de alumnos, profesores e persoal non docente”, abondou.

A reforma en cifras

A rehabilitación integral do CEIP Pérez Viondi incluíu actuacións no edificio principal, no ximnasio e no exterior do centro. No que atinxe ao primeiro deles, mudáronse 2.500 m2 de cuberta e aplicáronse 1.154 m2 de material illante nas cámaras de aire das fachadas. A maiores, colocáronse 327 novas luminarias LED e 200 luces de emerxencia, así como 1.696 m2 de falsos teitos e unha nova caldeira de biomasa. Tamén se mellorou a accesibilidade coa instalación dun ascensor e dun baño adaptado, acometéndose outras pequenas reorganizacións de espazos interiores, en función das demandas do centro.

No referido ao ximnasio, cambiáronse 14 fiestras, inxectouse 270 m2 de illante nas cámaras e instaláronse nove luminarias LED, así como un falso teito térmico e acústico e un novo pavimento deportivo. Xa no exterior, mellorarouse o pavimento de caucho do patio de infantil.

FUENTE

Constanza Sanchez

Por Constanza Sanchez

Soy periodista especializada en comunicación digital y producción de contenidos multimedia. Combino redacción, análisis de audiencias y SEO para crear historias claras y relevantes. Me enfoco en formatos innovadores, narrativas visuales y en desarrollar contenidos que conecten con comunidades diversas en entornos informativos dinámicos.

Related Post

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *